XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS BONOS ACTIVA COMERCIO

26. 10. 27

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 7 de outubro de 2026 pola que se convoca a segunda edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).

Sistema de funcionamento dos bonos

1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web: www.bonosactivacomercio.gal Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha app que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a app bonos Activa comercio.

3. No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na app o importe e o concepto da venda, e automaticamente aparecerá o importe que cobrar (unha vez aplicado o desconto). O concepto da venda introducido na app debe corresponderse coa numeración do tícket ou factura de compra entregada á clientela. Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.

4. Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono, que poderá ser usado nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.

Cada bono terá un valor de ata 30 €.

En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías se entenden co IVE incluído.

Os bonos estarán dispoñibles na web http://www.bonosactivacomercio.gal/ para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 28 de outubro de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261027/AnuncioG0767-081026-0005_gl.pdf