MINISTERIO DE CIENCIA, INNOVACIÓN E UNIVERSDIADES CONVOCA 25 BOLSAS AO ABEIRO DO PROGRAMA FTEC-SPANISH TRAINEESHIP PROGRAMME DIRIXIDAS A MOZOS/AS PROFESIONAIS CIENTÍFICOS/AS E TECNÓLOGOS/AS

21. 01. 19
 

Convócase a concesión de 25 bolsas de especialización do programa FTEC- Spanish Traineeship Programme para mozos/as profesionais científicos/as e tecnólogos/as, destinados/as no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), con perfís específicos en áreas relacionadas con física e tecnoloxía de aceleradores e detectores tales como imáns superconductores, criogenia, convertidores de potencia, radiofrecuencia, sistemas de control, electrónica e tecnoloxías relacionadas

A convocatoria ten como obxectivo incrementar a presenza de persoal investigador e técnico español no CERN, así como consolidar un colectivo de persoas coa titulación de máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes, en tecnoloxías dos grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas, coa finalidade dunha futura incorporación á industria e institucións do sector.

As persoas seleccionadas incorporaranse polo período dun ano con posibilidade de renovación durante un ano máis, previa valoración da súa actividade durante o primeiro ano.

Os detalles da convocatoria e os postos aos que se pode aplicar na resolución están dispoñibles na ligazón:https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2018-13711

A formalización da solicitude farase cumprimentando un cuestionario en liña a través da páxina web do CERN específica para esta convocatoria, accesible a través da ligazón:https://jobs.smartrecruiters.com/CERN/743999731258882-spanish-trainee-programme-ftec-2021-formacion-en-tecnologias-estrategicas-del-cern-

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 12/03/2021

Máis información: https://www.ciemat.es/portal.do?IDM=61&NM=2&identificador=2140