OBXECTIVOS
Ata 15 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de Estados Unidos en calquera disciplina.
As bolsas Fulbright están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Máster ou Ph.D.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 10 de xaneiro de 2023 ao 11 de abril de 2023
REQUISITOS
Nacionalidade española.
Título superior obtido entre xaneiro de 2016 e setembro de 2023.
Excelente coñecemento do idioma inglés, demostrable mediante TOEFL iBT (puntuación mínima de 97 para todas as disciplinas excepto Xornalismo e Relacións Internacionais: 100); IELTS, Academic Version (puntuación mínima de 7); ou Duolingo (puntuación mínima de 120). Sempre realizados en data posterior ao 1 de xaneiro de 2021.
Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/o a presentación dos resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT).
DURACIÓN
De 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.
PERÍODO DE GOCE
Entre o verán de 2024 e o outono de 2025, segundo o calendario académico da universidade de destino.