Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2023/24 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fóra de ámbito do programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.
Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2023/24 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao. b) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades públicas do Sistema universitario de Galicia). c) Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+. d) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.
2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do que é nacional.
3. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado
2. As solicitudes subscribiraas electronicamente a persoa interesada ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda, que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230914/AnuncioG0655-060923-0001_gl.html