Google, en colaboración con Fundae, ofrece bolsas para cursar os seus certificados profesionais que permite a realización de formación especializada nas profesións máis demandadas actualmente polo mercado laboral.
Requisitos para acceder ao programa de bolsas:
- Ser residente en España
- Ter máis de 18 anos
- Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas e ás persoas afectadas por ERTE ou ERE
- Tratarase de respectar unha porcentaxe de participación das mulleres de polo menos o 50%
Como son os certificados profesionais?
- A maioría dos certificados están dispoñibles en español (vídeos en inglés con subtítulos, cuestionarios e probas de avaliación en español). Na información relativa a cada certificado aparece o idioma no que está dispoñible.
- Esforzo estimado de 120 horas de formación que se traducen nun período de entre 3 e 6 meses de duración. A duración pode variar en función da dedicación semanal e os coñecementos previos do alumnado.
- 100% en liña e práctico, o que che permite organizarche segundo os teus tempos e practicar todos os contidos mediante laboratorios de probas que se realizan nunha máquina virtual.
- O contido mostra produtos e software de todo o ecosistema tecnolóxico, non só de Google.
- Non se require experiencia nin formación previa para cursalo, excepto no certificado IT Automation with Python, que require coñecementos previos ou cursar o certificado en Soporte TI.
Accede á información completa e solicitude aquí: https://digitalizateplus.fundae.es/beca-google