EGAP CONVOCA BOLSA PRÁCTICA REMUNERADA RELACIONADA COS ESTUDOS DE DEREITO ADMINISTRATIVO

24. 05. 21

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo (código de procedemento PR770F).

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa candidata seleccionada ao desempeño da bolsa na EGAP, tal como se dispón na base décimo cuarta, e f inalizarán o 31 de decembro de 2024.

O importe da bolsa será de 2.200 € brutos cada dous meses, que se farán efectivos, tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. No caso de producirse a incorporación ou o cesamento nun día distinto ao primeiro ou ao último de cada mes, a persoa bolseira percibirá o importe que proporcionalmente corresponda ao número de días que desfrute da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240521/AnuncioO150-060524-0003_gl.pdf