CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 17 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).
Número e dotación dos premios
1. Poderanse conceder ata seis premios coa seguinte distribución: 1 premio nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, 1 premio nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, 2 premios nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño e 2 premios nas ensinanzas artísticas superiores de Música.
2. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
3. Só se poderá recibir un premio por persoa nesta convocatoria. Na simultaneidade de estudos superiores de ensinanzas artísticas no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun deles, deberá escoller en cal desexa recibir o premio
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240926/AnuncioG0761-170924-0003_gl.pdf