CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA PRAZAS DE RESIDENCIA PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

25. 06. 20

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2025/26 (código de procedemento ED308A).

O número de prazas ofertadas é o seguinte:

Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas

Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.

Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.

As persoas adxudicatarias de prazas de colaboradora bolseira utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estean abertas as residencias

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 8 de agosto de 2025.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250620/AnuncioG0761-050625-0004_gl.pdf