CONVOCATORIA, BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A

As solicitudes requirindo tomar parte na correspondente proba de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais que se achegan a este expediente para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello, conforme ao modelo que figurará como ANEXO I das presentes bases, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de DEZ (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios desta Corporación.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/08/30/2024056242