COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ESTREMADURA
Resolución do 6 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Persoal Docente, da Consellería de Educación e Emprego, pola que se publica a convocatoria de procedementos selectivos para ingreso e acceso e adquisición de novas especialidades para os Corpos de Profesores de Ensino Secundario, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores de Música e Artes Escénicas, Profesores de Artes Plásticas e Deseño e Mestres de Taller de Artes Plásticas e Deseño.
O número de prazas do Corpo de Profesores de Ensino Secundario que se convocan é de 530, do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional é
de 154, do corpo de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas é de 11, e do corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas é de 2.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no «Diario Oficial de Estremadura»..
https://www.boe.es/boe/dias/2021/04/07/pdfs/BOE-A-2021-5419.pdf