CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS Á APICULTURA

Consellería do Medio Rural
ORDE do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A
e MR506B).

Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2 da orde:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.


b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores que cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou algunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210528/AnuncioG0426-140521-0001_gl.pdf