CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA O PAGAMENTO DA COMISIÓN DE APERTURA DESTINADAS ÁS PERSOAS BENEFICIARIAS DOS PRÉSTAMOS PARA O ADIANTO DAS AXUDAS DIRECTAS DA PAC ASÍ COMO AS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

Consellería do Medio Rural

ORDE do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a seguir:

a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas correspondentes á política agrícola común (PAC), que presenten ou presentasen a súa solicitude consonte o previsto na Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

b) Que subscriban ou subscribisen un préstamo persoal do anticipo da PAC 2022 con algunha das entidades financeiras que se relacionan no anexo IV, asinantes do convenio entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, e diversas entidades financeiras para formalizar préstamos preferentes para o anticipo das axudas directas, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control correspondentes á PAC, relativas á Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control

A contía da axuda será do 2 % do importe do préstamo concertado entre a persoa solicitante da PAC e as entidades financeiras para o adianto de ata o 100 % dos importes das axudas directas, así como das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. Esta contía calcularase tomando como referencia o importe pagado a cada persoa solicitante na campaña anterior. No caso daqueles préstamos xa asignados previamente á sinatura do convenio, a axuda cubrirá todos os gastos financeiros desde a sinatura do préstamo ata o 15 de setembro. Esta axuda estará limitada a un máximo do 2 % do importe do préstamo.

As entidades colaboradoras deberán comunicar, antes do 15 de setembro de 2022, a acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, segundo o modelo que figura no anexo I da orde, xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220608/AnuncioG0426-250522-0002_gl.pdf