Instituto Galego da Vivenda e Solo
RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a mocidade, se dá publicidade ao convenio que asinarán este instituto e as entidades financeiras para a concesión destes avais e se procede á convocatoria do programa para o ano 2023 (código de procedemento VI402B).
Esta resolución ten por obxecto aprobar o programa de avais para a mocidade e dar publicidade ao convenio que asinarán o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante, IGVS) e as entidades financeiras para a concesión destes avais.
Características do Programa de avais para a mocidade
O Programa de avais para a mocidade ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que na data de presentación da correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos.
A garantía prestarase ata un 20 % do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor. En ningún caso se outorgará para garantir importes derivados de conceptos distintos dos indicados.
A garantía só se prestará cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria estea destinada á adquisición da primeira vivenda en propiedade da persoa solicitante e o dito financiamento comprenda, cando menos, o 80 % do prezo de adquisición ou, se é o caso, do valor de taxación, sen poder chegar a superar o 100 % do respectivo importe
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230411/AnuncioC3Q2-040423-0002_gl.pdf