Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342A)
Poderán promover proxectos de emprego con apoio e seren beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde as seguintes entidades:
(....)
3. As empresas do mercado ordinario de traballo incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10, e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.
O prazo de solicitude das axudas desta orde iníciase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 29 de setembro de 2023.