Aprobar as bases reguladoras da segunda edición do concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais nas que se denuncie a situación do planeta e se propoñan actuacións para combater a contaminación, entre outros aspectos, e, deste xeito, potenciar o talento da mocidade e mostrar as súas reivindicacións neste ámbito.
Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
• Persoas físicas
— Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude
— Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
• Persoas xurídicas
— Ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia de Pontevedra
— Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos
Premios e formato
3.1 Os premios convocados están dotados cun importe de catro mil (4.000,00) euros:
• Primeiro premio: 2.400,00 euros
• Segundo premio: 1.000,00 euros
• Terceiro premio: 600,00 euros
3.2 Os traballos serán en formato audiovisual e admitirase calquera tipoloxía empregada pola mocidade nas redes sociais ou nos medios de difusión de natureza similar (por exemplo, Instagram, TikTok, YouTube etc.)
3.3 A duración máxima do vídeo será de dous minutos e medio
3.4 A institución provincial queda eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente relacionada coa propiedade intelectual na que poidan incorrer as persoas participantes
O prazo de presentación das solicitudes e proxectos será de 2 meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/15/2021011573