XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR351A).

Esta axuda ten como finalidade:

a) Promover a utilización de maquinaria e de equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo. 

b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Beneficiarias

Unicamente poderán ser beneficiarias da axuda regulada nesta orde:

a) As cooperativas agrarias.

b) As cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de cinco ou menos anos de antigüidade.

d) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións agrarias, nos últimos cinco anos naturais. En diante, SAT de fusión.

Investimentos subvencionables

1. Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Maquinaria agrícola.

b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 600.000 €.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240619/AnuncioG0426-100624-0001_gl.pdf