XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS FIN DE CARREIRA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU OS SEUS ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO ANO 2024 NAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 10 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2024 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

Poderá solicitar estes premios o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter o título universitario español polo que opta ao premio ou o depósito deste.

b) Ter cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio como alumno/a das universidades do Sistema universitario de Galicia.

c) Ter rematada a titulación oficial de grao no curso académico 2023/24.

d) No programa de simultaneidade de graos, ter finalizado os dous traballos fin de grao no mesmo ano, no curso académico 2023/24.

e) Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e de 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

f) Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en anteriores convocatorias.

g) Así mesmo, non poderán optar a un premio aquelas persoas que teñan superado máis dun terzo das materias da titulación por cursos ponte ou recoñecementos.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción. O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250128/AnuncioG0761-111224-0001_gl.pdf