CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR905A).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.
c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
O prazo de presentación das solicitudes comezará o oitavo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2025, incluído.
Contía e compatibilidade de axudas
1. As axudas de carácter xenérico para facer fronte á situación derivada do retorno da unidade familiar, previstas nesta resolución, aboaranse por unha soa vez e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteña segundo os criterios recollidos no artigo 5. Fíxase, para os efectos, un valor de 300 euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda.
2. Co obxecto de facilitar o seu establecemento na Comunidade Autónoma e tendo en conta as dificultades no acceso á vivenda das persoas retornadas, establécese unha axuda de 500 euros por unidade familiar, destinada a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para garantir o acceso a unha vivenda.
3. Coa finalidade de reforzar o apoio ás persoas beneficiarias con cargas familiares, establécense tamén unhas axudas específicas de pagamento único sempre que a persoa beneficiaria teña algún fillo/a menor de 18 anos convivindo no seu domicilio. En calquera caso, esta axuda só a poderá percibir un dos proxenitores, para o cal se terá en conta a solicitude presentada en primeiro lugar.
O prazo de presentación das solicitudes comezará o oitavo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2025, incluído
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250212/AnuncioG0767-160125-0003_gl.pdf