Xa podes CONSLTAR A LISTAXE DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DO BONO SOCIAL TÉRMICO 2026.
Quen abona o Bono Social Térmico en Galicia?
O Bono Social Térmico está financiado polo Goberno de España, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Porén, a xestión e o aboamento efectivo transfírense ás comunidades autónomas.
No caso de Galicia:
- A Xunta de Galicia recibe os datos das persoas beneficiarias.
- A administración autonómica tramita os expedientes.
- A Xunta realiza a transferencia bancaria ás persoas beneficiarias.
Como se identifica ás persoas beneficiarias?
Non é necesario solicitar expresamente o Bono Social Térmico. A concesión é automática para quen xa sexa beneficiario do Bono Social Eléctrico a 31 de decembro do ano 2024.
As comercializadoras de referencia comunican ás administracións autonómicas o listado de persoas beneficiarias, e despois a Xunta efectúa o pagamento.
Como se realiza o pagamento?
O bono págase mediante transferencia bancaria nun único ingreso anual. Normalmente ingrésase na mesma conta onde está domiciliada a factura eléctrica.
Que facer despois de recibir a carta da Xunta de Galicia confirmando que es beneficiaria do Bono Social Térmico?
Cando recibes a carta da Xunta confirmando que es beneficiaria do Bono Social Térmico, o máis importante é comprobar que todos os datos sexan correctos para evitar atrasos ou problemas no cobro.
Debes comprobar especialmente:
- nome e DNI da persoa beneficiaria,
- domicilio,
- número de expediente,
- ano da axuda,
- e conta bancaria indicada para o pagamento.
Moitas incidencias prodúcense porque a conta bancaria xa non está activa ou os datos non coinciden.
Se queres que che ABOEN ANTES OS CARTOS, unha vez que a recibas, entra na aplicación do BONO SOCIAL TÉRMICO e confirma que todos os teus datos están ben; se querres correxir ou cambiar algún xa o tes que facer obrigatoriamente,
Comprobar o ingreso bancario
En Galicia os ingresos poden tardar varios meses desde a carta de recoñecemento. Se pasa moito tempo sen cobrar, recoméndase:
- contactar co 881 996 572 ou o mesmo número pero rematado en 73 ou 74
- consultar o estado do expediente,
- ou presentar escrito reclamando o pagamento.
Se hai erros ou non chega o ingreso
Pódese presentar:
- escrito de alegación,
- reclamación administrativa,
- ou solicitude de actualización de datos bancarios.
Como saber se es beneficiario/a.
Na seguinte ligazón podes comprobar se es beneficiario/a: https://economia.xunta.gal/documents/non-indexar/146845/181792/persoas-beneficiarias.pdf?version=1.0
Qué pasa se a persoa beneficiaria xa faleceu?
Cando a persoa beneficiaria do Bono Social Térmico falece antes de cobrar a axuda, os herdeiros poden reclamar o importe pendente como parte da herdanza. En Galicia, esta tramitación realízase ante a Xunta de Galicia, que é a administración encargada do pagamento.
Quen pode reclamar?
Poden facelo:
- os herdeiros legais,
- as persoas designadas en testamento,
- ou o representante da herdanza.
Normalmente deberá acreditarse a condición de herdeiro mediante documentación sucesoria.
Documentación habitual que solicita a Xunta
- certificado de defunción,
- certificado de últimas vontades,
- copia do testamento ou declaración de herdeiros,
- DNI das persoas herdeiras,
- certificado bancario da conta onde se realizará o ingreso,
- documento de aceptación e reparto da herdanza, se existe,
- e solicitude formal reclamando o pagamento pendente.
Nalgúns casos tamén se esixe acreditar que a persoa falecida era beneficiaria do Bono Social Eléctrico.
A reclamación preséntase ante a Xunta de Galicia, normalmente por rexistro electrónico ou presencial dirixido ao órgano competente en materia de enerxía.
Pode tramitarse:
- a través da sede electrónica da Xunta,
- nos rexistros oficiais,
- ou mediante representante autorizado.
NO CASO DE PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DA ESTRADA, REALIZÁMOSCHE TODO O TRÁMITE DESDE O DEPARTAMENTO DE EMPREGO (1º ANDAR).
TODA A INFORMACIÓN: https://economia.xunta.gal/enerxia/bono-social-termico
