CONCELLO DA ESTRADA: BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DESTINADAS Á RENOVACIÓN DE SISTEMAS DE SANEAMENTO

26. 07. 13

As concesión faranse por RIGOROSA ORDE DE SOLICITUDE, é dicir, as 100 PRIMEIRAS QUE REXISTREN A SOLICITUDE CORRECTAMENTE PRESENTADA, serán as beneficiarias.

QUÉ PASA SE NON TEÑO TODA A DOCUMENTACIÓN NO MOMENTO DA SOLICITUDE? Ao tratarse dun procedemento en CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, canto antes poidas subsanar a situación mellor, podes facelo en calquera momento mentres o prazo esté aberto. Se non, FINALIZADO O PRAZO DE SOLICITUDE, e revisadas todas as solicitudes o concello realizará O MESMO DÍA o requerimento de solicitude a todas as persoas que teñan algo que subsanar, e respetarase a orde de subsanación aos efectos da concesión.

REQUISITOS:
a) A persoa solicitante figure empadroada no Concello da Estrada na vivenda para a que se solicita a subvención.
b) A vivenda non dispoña de servizo municipal de alcantarillado activo.
c) A vivenda constitúa unha edificación destinada a uso residencial.

CONTIA:
A contía da subvención será de 1.000 euros por vivenda e solicitude.
Cada persoa beneficiaria poderá presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria.
O importe da subvención non poderá superar o custo da actuación subvencionada.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
a) Substitución de fosas sépticas deterioradas.
b) Instalación de novos sistemas individuais de depuración.
c) Mellora ou renovación das instalacións de evacuación e tratamento de augas residuais domésticas.
d) Obras auxiliares directamente vinculadas á instalación do sistema.

PRAZO:
Comeza ás 00.00 horas do sábado 11 ( é dicir na noite do venres para o sábado) e remata ás 23.59 do xoves 30 de xullo.

SOLICITUDES:
O procedemento estará creado tanto na sede electrónica do Concello da Estrada; como na páxina web municipal co seguinte teor: "Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación de sistemas de saneamento no Concello de A Estrada 2026"

Podes facelo por dúas vías:

1) TELÉMATICA: Con certificado dixital; cl@ve ou DNI-E ( da persoa solicitante ou da que actúe por representación)
Neste caso so tes que entrar na sede electrónica, ir ao procedemento, darlle a TRAMITACIÓN EN LIÑA; iranseche abrindo todos os anexos a cumprimentar e xa terás creadas pestañas para subir toda a documentación. SE NON SUBES ALGÚN DOS DOCUMENTOS OBRIGATORIOS, O SISTEMA NON CHE DEIXARÁ CONTINUAR.
*No caso de actuar por REPRESENTACIÓN, achegar documento que a acredite.

2) PRESENCIAL: Daslle a pestaña PRESENCIAL e deixarache cumprimentar a solicitude e todos os anexos; tes que imprimilos, asinalos e xunto con toda a documentación presentalos no rexistro do concello.
Nota: Se tes dúbidas ou queres obter os formularios en papel podes dirixirte á alcaldía; ao departamento de rural (órgano responsable do procedemento) ou ao departamento de emprego.

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:
a) DNI da persoa solicitante.
b) Acreditación da titularidade da vivenda.
c) Memoria descritiva da actuación (breve descripción que aparece na solicitude)
d) Orzamento ou factura pro forma.
e) Declaración responsable de que a vivenda non dispón de alcantarillado municipal activo. (Aparece na solucitude, só tes que premer a que che sexa de aplicación)
f) Declaración de non atoparse en ningún dos supostos de incompatibilidade ou prohibición para a percepción de subvencións ou axudas públicas ( Aparece na solucitude, só tes que premer a que che sexa de aplicación.)
g) Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.
h) Certificados de atoparse ao corrente das obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma de Galicia, a Facenda Estatal, coa Seguridade Social e o Concello da Estrada, só no caso de non autorizar ao Concello da Estrada a comprobalo de oficio (ANEXO II)
i) Certificado de conta bancaria

BASES: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/10/2026054674

ACCESO AO PROCEDEMENTO: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=zjD*no4VvyAC*99R11GtjVewaNtaDy9-0AnQfabSvn2jk9tC1b*Zma2bqUn3nLoVjYe2NBqhoKxzBAnRiLu57*NVWChj6GmLuVkjX9r1bENW3hteK*LhgeQoVlVU5A69L8RkdmL12RzuXk26RzIqOlbdWSQRf4CqT*De9I6U*4c9FeeUvpXkG6thBu1ZawgJU1nnPlZMeiEDmlt39dINVg