O CONCELLO DA ESTRADA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AMICOS PARA IMPULSAR A INCORPORACIÓN AO MERCADO LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

21. 09. 15
O Concello da Estrada acaba de asinar un convenio de colaboración Amicos, asociación referente no apoio a persoas con discapacidade intelectual, autismo e parálise cerebral,  para a cesión dun espazo físico no viveiro de empresas municipal.
 
Con esta iniciativa, Amicos pretende dar apoio a persoas con discapacidade que teñan dificultades para acceder ao mercado laboral, nesta liña queremos que as persoas poidan ter novas oportunidades dentro dun mercado laboral cada vez máis complexo e esixente.
 
Pablo Penide, técnico de desenvolvemento de persoas de Amicos, encargarase de orientar, informar e asesorar na procura de emprego e formación, elaborando un perfil profesional e un diagnostico ocupacional, crearalles itinerarios personalizados de inserción para conseguir o seu obxectivo, a inserción laboral.
 
Amicos pretende dar apoio de forma directa a un número aproximado de entre 75/100 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social da Estrada e a súa zona de influencia (Cuntis, Forcarei, Silleda, Teo...)
 
Outro dos obxectivos da entidade será a prospección e intermediación socio laboral con empresas da zona
 
Desde Amicos fan un chamamento para que persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que precises apoio ou empresas que necesiten incorporar a persoas, se poñan en contacto coa súa área de emprego no seguinte número de teléfono 981 865 786 ou no correo de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Para máis información: https://amicos.org/
T.  981 865 716 | M. 697 419 110 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Se desexas concertar unha cita na Estrada só tes que chamar ao teléfono 674 073 048 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e dende a asociación poñeranse en contacto contigo.
 
Tamén o podes facer directamente a través do departamento de emprego do Concello da Estrada, chamándonos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 h ou a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.