O Concello da Estrada, participa xunto cos concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Portas e Moraña na posta en marcha dun novo programa integrado de emprego co obxeto de mellorar a insertabilidade das persoas en situación de desemprego do noso municipio.
O obxectivo destas actividades será potenciar a inserción laboral, así como mellorar as competencias de ditas persoas, á vez que supón un paso adiante na colaboración entre concellos de cara a fortalecer o noso tecido social e produtivo, optimizando servizos e mellorando a calidade dos mesmos.
O programa focalizará o seu traballo na atención dos seguintes colectivos, que son os que presentan maior dificultade para insertarse no mercado laboral:
- Persoas menores de 30 anos en situación de desemprego e cunha baixa cualificación.
- Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas en situación de risco de exclusión social
- Persoas beneficiarias de RISGA.
Nesta edición poderán participar ata 100 persoas que reúnan algún dos requisitos sinalados anteriormente.
O programa inclue a realización de accións formativas, todas eles cunha alta porcentaxe de empregabiliade así como a realización de prácticas en empresas e finalmente a inserción laboral total.
As formacións levaranse a cabo entre Cuntis e A Estrada e serán totalmente gratuítas para as persoas seleccionadas. Inclúen desde cursos de carretilla; loxística; supermercado; prevención de riscos laborais; ata formacións directamente relacionadas cos oficios como son a fontanería, a soldadura ou a electricidade.
Ademáis cada alumno/a poderá gozar dunha bolsa para gastos.
Para poder participar podes inscribirte na Oficina de Emprego e manifestar que queres participar no PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO, se o prefires podes facelo directamente a través do departamento de emprego; tes dúas maneiras:
1) Acudir presencialmente ao departamento de emprego en horario de 9.00 a 14.00 horas sen necesidade de cita previa.
2) Descargar o seguinte formulario; cumprimentalo, asinalo e presentalo directamente a través do noso enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto PIE ou traendo directamente ás nosas oficinas; departamento de emprego- 1º andar.
FORMULARIO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PIE
Se precisas máis información chámanos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas!