CONCELLO DA ESTRADA EN COLABORACIÓN CON ACCIÓN CONTRA A FAME PON EN MARCHA UNHA ESCOLA INCLUSIVA PARA O EMPREGO

25. 01. 10

A Concelleria de Xuventude do Concello da Estrada en colaboración coa fundación Acción conta a fame pon en marcha un proxecto innovador na Estrada cuia finalidade é a formación e inserción laboral da mocidade estradense.

O proxecto emnmárcase dentro dunha ESCOLA INCLUSIVA PARA O EMPREGO cuaia financiación para o ano 2025 superará os 100.000 euros. A escola formará previsiblemente en dous ámbitos laborais; o do sector almacén e derivados e o do sector da soldadura dado que tras un estudo de mercado do noso municipio, feito pola fundación, concluiuse que eran sectores cunha alta empregabilidade.

Poderán beneficiarse deste programa as persoas menores de 30 anos, inscritas en garantía xuvenil.

Este ano espérase que participen 60 mozos e mozas; o proxecto abrangue dúas liñas de traballo;

A primeira no eido da formación e a segunda o da inserción laboral.

No primeiro caso formarase ás persoas para capacitalas totalmente no desempeño das funcións de mozo/a de almacén e afíns. O programa asumirá a celebración da formación tendente á obtención de todos os carnés profesionais precisos para traballar así como preparalos para poder desempeñar as funcións de soldadura de ser o caso.

No segundo, os técnicos do proxecto realizarán a intermediación laboral para que as persoas participantes no programa primeiramente realicen prácticas en empresas da nosa contorna e finalmente se inserten no mercado de traballo.

É dicir, o proxecto ten un firme compromiso coa preparación profesional e coa conseguinte incursión laboral.

As persoas interesadas en participar no mesmo, só deben cumprir co requisito de estar inscritas en garantía xuvenil. Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada, para facilitar que o maior número de persoas se poidan beneficiar do programa, realizarémosche este trámite administrativo se o desexas. 

Preme nesta ligazón para inscribirte: https://garantiajuvenil.sepe.es/nuevaSolicitud

As persoas participantes contarán ademáis cunha bolsa para facer fronte aos gastos de desprazamento.

A data prevista de comezo será o mes de xaneiro.

Se alguén desexa obter máis infomación só ten que poñerse en contacto co departamento de xuventude municipal chamando ao teléfono 986 677 740 ou pasándote polas nosas oficinas (1º andar casa consistorial) en horario de 9.00 a 14.00 horas, sen necesidade de cita previa.

 

QUERES PARTICIPAR NO PROXECTO?

Inscríbete aquí