O Bono Social Térmico é unha axuda do GOBERNO DE ESPAÑA que se tramita a través das Comunidades Autónomas.
Esta axuda NON A HAI QUE SOLICITAR, se non que se RECOÑECE DE FORMA AUTOMÁTICA A TODAS AS PERSOAS QUE TEÑEN O BONO SOCIAL NA SÚA FACTURA DA LUZ.
Para percibilo este teranse en conta ás PERSOAS BENEFICIARIAS DO BONO SOCIAL A DATA 31 DE DECEMBRO DE 2023
As cantidades varían en función de varios factores como a zona climática Desde o ano pasado a Xunta de Galicia eliminou o complemento que daba de forma xeneralizada a todas as persoas beneficiarias, e agora só llo mantén a determinados colectivos (PERSOAS PERCEPTORAS DE RISGA; INGRESO MÍNIMO VITAL; PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS)
Nos vindeiros días RECIBIRÁS NO TEU DOMICILIO UNHA CARTA, que che permitirá saber a contía así como en caso de precisalo modificar datos (ENDEREZO; NÚMERO DE CONTA..) ou notificar que a persoa beneficiaria está falecida para poder cobrar a axuda os seus herdeiros.
Podes consultar na seguinte LISTAXE SE ES BENEFICIARIO/A (os datos aparecen por orde do número de DNI/NIE): https://economia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=8316263&name=DLFE-28221.pdf
FORMULARIO PARA MODIFICAR DATOS: https://economia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=8267620&name=DLFE-28211.pdf
INFORMACIÓN COMPLETA: https://012.xunta.gal/es/bono-social-termico
TELÉFONO: 881 996 572
Enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
No caso da Estrada podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas