ESTÁS BUSCANDO EMPREGO, PERO MOITAS VECES NON SABES A ONDE DIRIXIRTE.... FAI PROSPECCIÓN

20. 10. 06

busqempre

Se estás a procura de emprego pero non sabes onde podes presentar o teu currículo; en qué empresas poderías encaixar etc... bótalle unha ollada a este artigo elaborado polo CIXUG 

Fontes de información para a prospección

Sendo o medio principal Internet, dispomos dos seguintes recursos:

- Entidade Estatal de Solo permite localizar polígonos industriais, industrias e información sobre eventos empresariaishttps://www.sepes.es/

- Solo industrial en Galicia con información sobre os diferentes polígonos industriais así como un apartado de novas destacadas para estar ao tanto das novidades que xurdan en cada un dos parques empresariais. http://www.igape.es/es/component/k2/item/516-chan-industrial

- Instituto Galego da Vivenda e Solo. http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada

- Solo Empresarial do Atlántico. http://www.seasuelo.com/

- Xestur Galicia. Xestión de Solo Urbano. Con información sobre polígonos industriais así como novos proxectos en curso. Dispoñible para A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Actualmente trátase dunha sociedade de ámbito autonómico fusionada mediante as 4 provinciais. https://www.xesturgalicia.com/

- Xestión de Polígonos Industriais www.gestiondepoligonos.com con información de todas as provincias mediante un buscador.

Directorios de empresas. Exemplos:

 http://empresas.galiciadigital.com/

https://www.paginasamarillas.es/


- Directorios de Cámaras de Comercio, Asociacións Empresariais, Sindicatos, Institutos de estatística, Institutos de fomento e apoio empresarial, Concellos e outros organismos públicos. Os anuarios constitúen un recurso bastante sistematizado e fiable para obter información sobre as empresas (sector, actividade, número de traballadores, etc.) e datos de contacto.

www.camaracompostela.com

https://www.camarapvv.com/

www.camaracoruna.com

- Entidades promotoras ou organizadoras da prospección (Concellos, Comunidades Autónomas…) as cales dispoñen de listaxes de empresas, bases de datos, etc.

- Revistas, diarios locais, gremiais, de asociacións empresariais, etc. Moi a miúdo aparece información sobre as empresas da zona. Esta información achega coñecementos da contorna económica e o tecido produtivo local e permítenos identificar posibles contactos. A parte, estas revistas poden servir para coñecer a dinámica local, coñecendo aquelas empresas que son un referente no contexto económico, empresarios/as con capacidade de influencia, etc… Estas revistas, sobre todo se son dixitais, permítennos estar ao corrente de acontecementos socioeconómicos que teñen lugar no municipio ou concello, por exemplo, feiras, exposicións, etc. Estes actos son útiles para que os/as técnicos/as prospectores poidan dar a coñecer entre os/as empresarios/as o proxecto de prospección.

- Guías telefónicas, de servizos, etc. Recurso facilmente accesible para a obtención de datos de contacto, sobre todo a versión dixital.

- Observación directa. Trátase dunha opción fiable e razoablemente eficaz, sobre todo en zonas pequenas. Consiste na observación directa nos polígonos industriais, zonas de comercio… O/a profesional pódese dirixirse á empresa, presentándose como tal e solicitar os datos de contacto da persoa responsable, coa que despois establecerá devandito contacto previo.

WEBS DE INTERESE 

Observatorio ocupacional Universidade da Coruña

https://www.udc.es/observatorioocupacional/

Observatorios autonómicos:

https://www.observal.es/2015/institutos-agencias

Indicadores do mercado de traballo en Galicia

http://emprego.xunta.es/cualificacions/10sibila_gl.html

Xestión de solo e polígonos industriais en Galicia (SEPES-SIGALSA, IGVS, XESTUR e SEA por distintos concellos, deputacións, etc.)

http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-A-Coru%C3%B1a

http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-Pontevedra

http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-Lugo

http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-Ourense

Mercado de traballo en España

https://www.sepe.es/HomeSepe/que-es-el-sepe/observatorio.html

Perfís profesionais:

Instituto Galego das Cualificacións

http://emprego.xunta.es/cualificacions

Outros portais:

http://www.oficinadetreball.gencat.cat/

http://www.lanbide.net/

fontes de información:

http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

Guía de prospección de Empregos. Iniciativa Comunitaria Emprego - Horizon. Fondo Social Europeo. Zeharo - Grupo Gureak. Ehlabe Adapei-Gironde

https://sid.usal.es/idocs/F8/FDO1978/Guiaprospeccion.pdf