Estos días, estamos atravesando diversas situación metereolóxicas adversas.
Ante todo debe primar o SENTIDO COMÚN e a PRECAUCIÓN.
Aínda así, e tras a DANA en Valencia o goberno de España lexislou para PROTEXER OS DEREITOS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS en caso de alertas metereolóxicas.
O Ministerio de Traballo, fai saber que cando se emite un AVISO LARANXA OU VERMELLO por condicións meteorolóxicas adversas podes reducir ou modificar a túa xornada.
Tamén dispós de 4 días de permisos retribuídos por imposibilidade de acudir ao traballo ata que desaparezan as circunstancias.
Modificación do Estatuto dos traballadores/as; artigo 37.3g)
Ata catro días por imposibilidade de acceder ao centro de traballo ou transitar polas vías de circulación necesarias para acudir ao mesmo, como consecuencia das recomendacións, limitacións ou prohibicións ao desprazamento establecidas polas autoridades competentes, así como cando concorra unha situación de risco grave e inminente, incluídas as derivadas dunha catástrofe ou fenómeno meteorolóxico adverso. Transcorridos os catro días, o permiso prolongarase ata que desaparezan as circunstancias que o xustificaron, sen prexuízo da posibilidade da empresa de aplicar unha suspensión do contrato de traballo ou unha redución de xornada derivada de forza maior nos termos previstos no artigo 47.6
https://www.boe.es/boe/dias/2024/11/29/pdfs/BOE-A-2024-24840.pdf
