PODO COBRAR O PARO TRAS UNHA BAIXA VOLUNTARIA?

24. 07. 12

A normativa xeral establece que non se pode acceder ao paro de maneira inmediata despois dunha baixa voluntaria. Con todo, hai situacións excepcionais contempladas pola lei que permiten o acceso inmediato en certos casos.

Se abandonas un traballo de forma voluntaria, non podes percibir a prestación por desemprego xa que segundo establece a normativa legal, para poder cobrar unha prestación por desemprego é necesario que a baixa no traballo non se producise de forma voluntaria, pois o sistema de protección por desemprego protexe ás persoas traballadoras que queren e poden traballar pero carecen de emprego.
 
Se posteriormente traballas nunha nova empresa e novamente cesas por non superar o período de proba por decisión do empresario ou a empresaria, e non transcorreron máis de tres meses desde que cesaches voluntariamente na empresa anterior, tampouco terás dereito a unha prestación por desemprego.
 
Con todo, si poderás percibir dita prestación se o cesamento na segunda empresa de forma involuntaria débese a un motivo distinto ao de non superar o período de proba (por exemplo se cesas por finalización do contrato) con independencia do tempo transcorrido desde a data da baixa voluntaria anterior.
 
Se tras cesar dúas veces por non superar o período de proba a instancia do empresario, iniciases un novo traballo, no que tamén cesases a instancia do empresario por non superar o período de proba, unicamente poderás percibir prestacións por desemprego se desde o segundo cesamento por non superar o período de proba ata o terceiro e último cesamento, transcorresen tres meses.
 
EXEMPLO DE SUPOSTOS PRÁCTICOS:
 
1) Abandoaches de maneira voluntaria o teu traballo (por tanto non tes dereito a prestación) pero contrátate unha ETT para realizar un traballo de duración determida (poden ser uns días sen chegar aos tres meses), neste suposto terías dereito ao paro.
 
2)  Abandoaches de maneira voluntaria o teu traballo (por tanto non tes dereito a prestación) pero chamáronte das listas dalgunha administración para cubrir unha vacante ou posto (poden ser uns días sen chegar aos tres meses), neste suposto terías dereito ao paro.
 
Polo tanto, ESTATE MOI PENDENTE DESTES SUPOSTOS, xa que en ocasións PERDEMOS DEREITOS POR NON COÑECELOS.
 
Lembra!!! Deberás presentar a solicitude no prazo de 15 días hábiles, que empezan a contar desde o día seguinte á situación legal de desemprego. O dereito ao subsidio nacerá o día seguinte da situación legal de desemprego.
Antes de solicitar o paro, debes inscribirte como DEMANDANTE DE EMPREGO.
 
O trámite para inscribirte como DEMANDANTE DE EMPREGO, faise a través da túa COMUNIDADE AUTÓNOMA, no caso de GALICIA, en EMPREGO GALICIA: https://emprego.xunta.gal/portal/es/ unha vez estés inscrito/a como demandante de emprego, é cando podes realizar a SOLICITUDE DA TÚA PRESTACIÓN, a cal é competencia estatal, neste caso do SEPE, podes facelo de MANEIRA PRESENCIAL, solicitando CITA PREVIA (como novidade e para axilizar estos trámites, desde o ano pasado podes facelo en calquera oficina da túa PROVINCIA: https://sede.sepe.gob.es/portalSede/procedimientos-y-servicios/personas/proteccion-por-desempleo/cita-previa/cita-previa-solicitud.html ou podes facelo a través de INTERNET a través do FORMULARIO DE PRESOLICITUDE: https://sede.sepe.gob.es/portalSede/procedimientos-y-servicios/personas/proteccion-por-desempleo/FORMULARIO-PARA-REALIZAR-UNA-PRE-SOLICITUD-DE-PRESTACION-INDIVIDUAL-DE-PRESTACION-POR-DESEMPLEO.html