As axudas ao alugueiro ao igual que o resto de axudas deben declararse no IRPF do ano en que se cobra a axuda (inclusive no caso de que a axuda percibida nesta anualidade inclúa mensualidades do ano anterior)
Desde o punto de vista fiscal, recibir unha axuda para o pago do alugueiro dunha casa supón unha ganancia patrimonial para quen a recibe. Esa ganancia non está exenta polo que hai que incluíla na declaración da Renda de quen a reciba. Cada ano declárase a axuda que se cobrou nese período. Se en 2023 se cobrou unha axuda que correspondía a algúns meses de 2022, a ganancia haberá que declarala cando se faga a declaración do IRPF do exercicio 2023.
Chegados a este punto debemos ter ne conta varios aspectos.
1) QUEN ESTÁ OBRIGADO/A A DECLARAR O IRPF: Todas as persoas que percibisen en concepto de axuda ao alugueiro máis de 1.000 euros
2) Unha cousa é estar obrigado/a a declarar o IRPF e outra que che salga a pagar.