O GOBERNO APROBA NOVAS MEDIDAS EN MATERIA LABORAL E DE PREVENCIÓN DE RISCOS RELACIONADOS CO CAMBIO CLIMÁTICO E CATÁSTROFES (2)

24. 12. 04

Estas medidas poderán aplicarse se calquera administración competente emite unha alerta laranxa ou vermella por clima adverso.

Engádense os permisos remunerados no Estatuto dos Traballadores:

🔹4 días se non se pode acudir ao centro de traballo prorrogables ata que desaparezan as circunstancias.

Se son máis días a empresa poderá acollerse a un ERTE POR FORZA MAIOR

‼️ Os representantes das persoas traballadoras poderán acordar a paralización da actividade

🔹As empresas deberán informar os seus traballadores e traballadoras das medidas ante fenómenos adversos.

🔹 Será obrigatorio en todos os convenios colectivos un protocolo de Prevención de riscos laborais ante catástrofes e fenómenos adversos.

🔹Ningunha persoa traballadora poderá sufrir consecuencias por exercer estes dereitos.