CONTÍAS PENSIÓNS 2025. ASÍ QUEDAN TRAS A SUBA APROBADA POLO GOBERNO

25. 01. 13

As pensións contributivas revalorizaranse con carácter xeral un 2,8% en 2025, así como as pensións do Réxime Especial de Clases Pasivas do Estado.

O Consello de Ministros aprobou o 23 de decembro de 2024 unha Real Decreto-Lei que inclúe a revalorización das pensións e outras prestacións abonadas polo sistema da Seguridade Social. En tanto se aprobe a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2025, o límite máximo establecido para a percepción das pensións públicas do sistema de Seguridade Social e clases pasivas causadas en 2025 será de 3.267,60 euros mensuais ou 45.746,40 anuais.

As pensións da Seguridade Social, na súa modalidade contributiva, e as pensións ordinarias e extraordinarias do Réxime Especial de Clases Pasivas do Estado revalorizaranse con carácter xeral un 2,8% para 2024, que é a inflación media entre decembro de 2023 e novembro de 2024.
 
Esta fórmula foi establecida na Lei 20/2021, que garante o poder adquisitivo das pensións e foi acordada cos axentes sociais.
 
- A pensión mínima para os pensionistas de 65 anos ou maiores fíxase en 12.241,60 euros anuais e en 15.786,40 no caso de xubilados con cónxuxe a cargo.
Os menores desa idade recibirán 11.452 euros e 15.786,40 se teñen cónxuxe a cargo.
 
As pensións mínimas subirán ao redor do 6% en 2025, as non contributivas e o Ingreso Mínimo Vital revalorizaranse un 9%, e as de viuvez con cargas familiares un 9,1%.
 
- As pensións non contributivas do sistema da Seguridade Social de invalidez e xubilación terán un importe anual de 7.905,80 euros.
 
- As pensións non contributivas do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) revalorizaranse nun 6% para 2025, o que supón alcanzar os 560 euros mensuais no caso das non concorrentes con outras pensións públicas e os 543,60 para as concorrente.
 
- A asignación non contributiva por fillo a cargo ou menor con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65% alcanza en 2025 os 5.805,6 euros ao ano. Se a discapacidade é igual ou superior ao 75% sitúase en 8.707,20 euros.
 
- As prestacións de orfandade causadas por violencia contra a muller, experimentarán en 2025 un incremento igual ao que se aprobe para o salario mínimo interprofesional para ese ano.
 
- O complemento para a redución da brecha de xénero das pensións contributivas queda fixado para 2025 en 35,90 euros mensuais. É o resultado de sumar un 5% adicional á porcentaxe xeral de revalorización do 2,8%.
 
 Así, a pensión media de xubilación pasará de 1.441 euros mensuais en 2024 a 1.481,35 en 2025, o que supón un incremento de 564,87 euros ao ano. A pensión media do sistema, considerando todas as modalidades de pensións e prestacións, aumenta ao redor de 500 euros anuais.
 
 
Cal é o límite de ingresos para o recoñecemento de contías mínimas de pensión?
 
Sen cónxuxe a cargo: 9.193 euros ao ano
CCon cónxuxe a cargo: 10.723 ao ano
 
Cando soben as pensións?
A revalorización aplicarase ao importe mensual que tivese a pensión de que se trate o 31 de decembro de 2024. A subida de pensións é efectiva desde o 1 de xaneiro de 2025.