QUERES PRESENTAR UNHA RECLAMACIÓN PERANTE CONSUMO? DESDE O DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DA ESTRADA FACÉMOSCHO! (2)

26. 06. 22

Sabías que como persoa consumidora tes DEREITOS e que podes RECLAMAR cando consideres que unha empresa, establecemento ou prestador de servizos non cumpriu co acordado?

Desde o Departamento de Emprego do Concello da Estrada ofrecemos asesoramento e axuda gratuíta para tramitar reclamacións perante os organismos de Consumo, facilitando todo o proceso para que poidas defender os teus dereitos.

Que podes reclamar?

Podes presentar unha reclamación en numerosas situacións, entre elas:

  • Compras de produtos defectuosos ou que non funcionan correctamente.
  • Problemas coa garantía dun produto.
  • Cobros indebidos ou facturas incorrectas.
  • Servizos de telefonía, internet ou televisión que non se corresponden co contratado.
  • Problemas con compañías eléctricas, de gas ou subministracións.
  • Retrasos, cancelacións ou incidencias en viaxes e transportes.
  • Compras realizadas por internet que non chegan ou non coinciden co anunciado.
  • Servizos de reparación, talleres ou instalacións realizados de forma incorrecta.
  • Incumprimentos en contratos de seguros.
  • Problemas con academias, ximnasios ou outros servizos de subscrición.
  • Publicidade enganosa ou ofertas que non respectan as condicións anunciadas.
  • Calquera outra situación na que consideres vulnerados os teus dereitos como consumidor ou consumidora.

Como podemos axudarche?

No Departamento de Emprego:

  • Informámoste sobre os teus dereitos.
  • Revisamos a documentación necesaria.
  • Axudámosche a redactar a reclamación.
  • Tramitamos a túa solicitude perante os organismos competentes de Consumo.
  • Facemos seguimento do expediente cando sexa necesario.

Que documentación debes achegar?

Para poder presentar a reclamación é recomendable dispoñer de:

  • Facturas, tickets ou xustificantes de compra.
  • Contratos ou documentación relacionada co servizo.
  • Comunicacións mantidas coa empresa (correos electrónicos, mensaxes, etc.).
  • Calquera outra proba que axude a acreditar os feitos.

Contacta connosco

Se tes algún problema cunha compra ou un servizo e non sabes como actuar, achégate ao Departamento de Emprego do Concello da Estrada  e axudarémosche a tramitar a reclamación de forma sinxela e gratuíta.

Estamos na primeira planta do concello, xusto ao lado do ascensor ou podes chamarnos ao teléfono 986 677 740

Defender os teus dereitos como consumidor é máis fácil se contas con asesoramento.