A Xunta, a través do Igape, ten aberto o proceso de selección de emprendedores para participar na CBA (Cologistics Business Acelerator), primeira aceleradora galega de empresas ao redor da loxística e a cadena de subministración Búscanse proxectos de emprendemento que poidan dar solución aos retos plantexados polas empresas tractoras que participan na CBA (Coca-Cola, Selmark, Bandalux…).
A CBA ten a sua orixe no Proxecto Cologistics, programa de cooperación entre diferentes organizacións de Galicia-Norte de Portugal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Para coñecer os requisitos para a participación na aceleradora, o CESGA celebra unha xornada informativa o vindeiro venres, 9 de xuño, ás 10 horas. Este encontro dixital servirá para profundizar nos detalles das bases e resolver as dúbidas dos asistentes.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do seguinte enlace INSCRICIÓN
Os detalles deste procedemento de selección dos proxectos de emprendemento están publicados na páxina web do proxecto COLOGISTICS