COÑECES O PRGRAMA PICE? UN PROGRAMA DA CÁMARA DE COMERCIO QUE BUSCA AUMENTAR A EMPREGABILIDADE DA XUVENTUDE A TRAVÉS DE FORMACIÓN E MOBILIDADE

22. 02. 17

A túa oportunidade para traballar no estranxeiro

Se es beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil as empresas europeas están a buscarche.

O Plan de Mobilidade de Cámara de Comercio ofréceche a oportunidade de realizar prácticas no estranxeiro, gozar de estancias en países de toda a Unión Europea ou beneficiarche de axudas e bolsas que che axudarán á túa formación académica e profesional.

O obxectivo principal do Plan de Mobilidade é brindar aos mozos/as beneficiarios/as activos do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ( SNGJ) a oportunidade de realizar estancias profesionais en empresas da Unión Europea que lles permitan mellorar as súas habilidades e competencias transversais e, en consecuencia, incrementar a súa empregabilidade para acceder a un mercado de traballo cada vez máis globalizado.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://empleoygarantiajuvenil.camara.es/practicas-en-la-ue