CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación
de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
O procedemento manterase aberto con carácter permanente garantíndose o inicio deste para cada persoa solicitante de acordo cos prazos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo máximo para resolver será de seis meses desde que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia.
No caso de que non se dite resolución expresa en prazo ou non se comunique a continuidade do procedemento, a solicitude presentada entenderase desestimada por silencio administrativo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0598-070621-0001_gl.pdf