ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CONVOCA CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ESPECÍFICO NO ÁMBITO DA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

24. 07. 11

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais específicos no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais.

Estas edicións do curso están dirixidas ás persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, aos delegados e ás delegadas de prevención, de recursos preventivos, que traballen ou traballasen nas categorías ou especialidades propias do SPIF na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolvan ou poidan desenvolver tarefas e actividades na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como os/as bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais condutores/as, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais condutores/as de motobomba, emisoristas/vixilantes do SPIF, operador codificador de datos do SPIF entre outros, e reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 29 de xullo de 2024.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioO150-030724-0001_gl.pdf