III MOSTRA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA ESTRADA

25. 05. 08
Os centros de educación secundaria da Estrada e o Concello da Estrada organizan a III Mostra de Orientación da Estrada, que se celebrará os vindeiros 27 e 28 de maio na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.
 
Trátase dunha feira destinada a achegar información sobre itinerarios formativos  e oportunidades profesionais  a través de stands. charlas e obradoiros.
 
A entrada é aberta e gratuita. 
 
Os stands estarán abertos desde as 10.00h  ata as 18.00h.