AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA AS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX) NA REDE CEMIT

26. 09. 01

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis iniciación e intermedio, correspondentes ao segundo semestre do ano 2026.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ter un mínimo de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado na base primeira.1 deste anexo.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Os datos persoais con que a persoa se inscriba na Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións.

A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.

O prazo de inscrición correspondente a cada convocatoria, que figura na base primeira desta resolución, terá unha duración de dez (10) días naturais contados desde a data de inicio do prazo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260901/AnuncioG0177-130826-0001_gl.pdf