CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G)
Esta convocatoria diríxese ás persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan antes da data de realización da proba, establecida no número
O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de duascentas (200).
A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261015/AnuncioG0766-081026-0001_gl.pdf

