XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FP DOS GRAOS A, B OU C

26. 10. 29

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 23 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento TR301V).

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.

Bolsas e axudas. Tipoloxía e réxime de concesión

1. As tipoloxías de bolsas e axudas reguladas nesta orde son as seguintes:

• Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:

– Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.

– Membros integrantes dunha familia numerosa.

– Membros integrantes dunha familia monoparental.

– Vítimas de violencia de xénero.

• Axudas por participar na acción formativa:

– Para transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio.

– Para manutención.

– Para aloxamento e manutención.

– Para conciliación.

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

A orde entrará en vigor o día 1 de novembro de 2026

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261029/AnuncioG0767-231026-0003_gl.pdf