CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan, para o ano 2027, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento administrativo IF312A e IF312B)
No ano 2027, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para realizar o correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre as seguintes datas:
– Primeiro período: entre o 22 de febreiro e o 31 de marzo de 2027, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e o 20 de xaneiro de 2027.
– Segundo período: entre o 24 de maio e o 30 de xuño de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 21 de xaneiro e o 15 de abril de 2027.
–Terceiro período: entre o 30 de agosto e o 24 de setembro de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de abril e o 29 de xuño de 2027.
– Cuarto período: entre o 8 de novembro e o 17 de decembro de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 30 de xuño e o 1 de outubro de 2027.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261119/AnuncioG0759-111126-0001_gl.pdf

