ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS SCHUMAN DO PARLAMENTO EUROPEO

21. 06. 09

O Parlamento Europeo abre o prazo de inscrición para solicitar as bolsas Schuman, dirixidas a mozas e mozos que desexen coñecer o funcionamento diario dunha das institucións máis representativas da Unión, así como formarse en competencias e habilidades relacionadas co traballo institucional. O obxectivo destas bolsas é contribuír á educación e formación da cidadanía europea e provela dunha visión máis profunda sobre o traballo do Parlamento Europeo.

  • Os requisitos para poder inscribirse nestas prácticas son os seguintes:
    Ser maior de 18 anos.
    Ter coñecemento profundo de dúas linguas oficiais da Unión Europea.
    Ter titulación universitaria.
    Non ter desfrutado dunha bolsa en institucións europeas por máis de dous meses consecutivos.
    Non ter realizado unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo nos seis meses anteriores ao comezo das prácticas.
  • As bolsas Schuman son remuneradas e poden levarse a cabo nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo, como Bruxelas, Luxemburgo ou Estrasburgo, ou nas oficinas de enlace nos Estados membros.

Consulta toda a información sobre o procedemento de inscrición, que finaliza o vindeiro 30 de xuño, na páxina web oficialdo Parlamento Europeo.

O período de realización das prácticas será de outubro de 2021 a febreiro de 2022.

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.