CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE BOLSAS MAEC-AECID PARA CAPACITACIÓN DE XÓVENES ESPAÑOIS NAS OFICINAS TÉCNICAS DE COOPERACIÓN DA AECID

21. 06. 10

O obxecto deste programa é conceder bolsas formativas nos destinos especificados no Anexo VII, para unha das seguintes categorías, excluíntes entre si. Só poderase presentar unha solicitude por persoa, e para unha das seguintes categorías:

a) Titulados nun máster en cooperación para o desenvolvemento, ou nun máster en relacións internacionais.

b) Titulados de grao en Humanidades, Dereito, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas ou Economía.

Durante o primeiros quince días da bolsa realizarase un curso sobre cooperación ao desenvolvemento en Madrid, organizado polo Instituto Universitario de Desenvolvemento e Cooperación da Universidade Complutense de Madrid. O curso impartirase de forma presencial, e a asistencia será obrigatoria. Finalizado o curso, o Instituto e a AECID emitirán un certificado conxunto a nome de cada un dos participantes que acredite a súa presenza no curso. Dita acreditación será indispensable para gozar da bolsa e incorporarse ao destino.

Requisitos
Entre outros, as persoas aspirantes deben de cumprir os requisitos seguintes:

- Ter a nacionalidade española.

- Idade:

Categoría a): Non superior a 29 anos ao 31 de decembro de 2021
Categoría b): Non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2021.

- Titulación:

Categoría a): Posuír un título de máster en cooperación ao desenvolvemento ou master en relacións internacionais, ou estar ao finalizar no curso académico 2020-2021. No caso de estar a finalizar o máster no curso académico 2020-2021, a concesión da bolsa estará condicionada á presentación do título, ou documento acreditativo de finalizalo.
Categoría b): Posuír un título de grao en Humanidades, Dereito, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas e Economía. No caso de estar a finalizar o grao no curso académico 2020-2021, a concesión da bolsa estará condicionada á presentación do título, ou documento acreditativo de finalizalo.
- Posuír coñecementos do idioma requirido no Anexo VII para o país solicitado, de acordo co nivel obtido segundo o Marco Europeo Común de referencia.

- Estar en posesión de pasaporte nacional no momento de incorporarse ao destino.

- Non ser beneficiario dunha bolsa de 6 ou máis meses ao amparo dalgún programa da convocatoria de Bolsas MAEC- AECID 2020-2021.

Exceptuando o requisito da idade, os demais requisitos especificados deberán manterse desde o momento da solicitude ata o final do período de execución.

Prazo de presentación de solicitudes: Do 8 ao 22 de xuño de 2021.

https://www.sepe.es/HomeSepe/que-es-el-sepe/comunicacion-institucional/noticias/detalle-noticia.html?folder=/2021/Junio/&detail=Programas-de-Becas-MAEC-AECID-para-capacitacion-de-jovenes-espa-oles-en-las-Oficinas-Tecnicas-de-Cooperacion-de-la-AECID