BANCO SANTANDER E UNIVERSIDADE DE PENSILVANIA CONVOCAN 1.000 BOLSAS A TRAVÉS DUN PROGRAMA DE DOMINIO DE INGLÉS EN LIÑA

21. 10. 21

1.000 bolsas de inglés en liña!

O Banco Santander e a Universidade de Pensilvania ofrecen 1.000 bolsas a través dun programa de dominio de inglés en liña para persoas falantes non nativas en lingua inglesa interesadas en facer avanzar as súas carreiras.

Terás a oportunidade de mellorar o teu inglés para conseguir as túas metas profesionais elixindo entre 3 cursos:
Inglés para o desenvolvemento persoal.
◾ Inglés para empresas e emprendemento.
◾ Inglés para ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Datas: O curso en liña durará 5 semanas desde o 18 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2022.

Requisitos: persoas maiores de 18 anos, non nativas en lingua inglesa cun nivel mínimo B1 de inglés.

Prazo: as 23:00 GMT+2 (zona horaria de Madrid) do 23 de novembro de 2021.

Inscrición: https://lnkd.in/dw7-hZjv