FONDO DE GARANTÍA AGRARIA CONVOCA AXUDAS EXCEPCIONAIS A DETERMINADAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS PARA COMPENSAR AS DIFICULTADES ECONÓMICAS DERIVADAS DA INVASIÓN RUSA DE UCRANIA

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína.

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de vacún de carne, de ovellas, de cabras, de aves ou de coellos que cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

Contía e modalidades de axuda

As axudas consisten nun pagamento único por animal, no caso das explotacións de vacún, ovino e cabrún, e nun pagamento único segundo a capacidade da explotación, no caso de aves e coellos. Os importes unitarios máximos son os recollidos no artigo 6 do Real decreto 428/2022.

Porén, no caso de que o orzamento asignado a Galicia non permita o pagamento das contías máximas unitarias, estes importes reduciranse linealmente a todos os produtores de cada tipo de produción ata axustarse ao orzamento asignado.

Os límites subvencionables por persoa beneficiaria son:

a) Explotacións de carne de vacún: ata 125 vacas nutrices.

b) Cebadeiros de vacún: ata 520 xatos de ceba.

c) Explotacións de ovino ou cabrún: ata 800 ovellas ou cabras.

d) Explotacións de aves: desde 251 prazas.

e) Explotacións de coellos: desde 50 prazas.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

As persoas interesadas non precisan facer unha solicitude para recibir a subvención. No caso do vacún de carne, ovino e cabrún, a solicitude de axuda entenderase realizada por ter presentada a solicitude única da PAC 2022 (Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR20D, MR241C e MR241D, publicada no DOG núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022), consonte o artigo 8.1 do Real decreto 428/2022. No caso dos sectores de aves e coellos, a solicitude de axuda entenderase realizada se fixeron en prazo a última declaración censual das explotacións, consonte o artigo 8.3 do Real decreto 428/2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220722/AnuncioG1534-150722-0001_gl.pdf