CONSELLERIA DE CULTURA CONVOCA PRAZAS NOS LECTODOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500F).

A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os 3 anos.

Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

– Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.

– Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.

– Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.

– Non estar incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

– Titulación académica:

a) Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións: • Licenciatura en Filoloxía Galega. • Licenciatura en Filoloxía Románica. • Grao en Lingua e Literatura Galegas. • Grao en Estudos de Galego e Español. • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios. • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española. • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

b) Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

c) Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Varsovia (Polonia) deberán de estar en posesión de estudos de posgrao (máster) en áreas afíns ás mencionadas neste artigo, sempre que teñan unha especialización en galego.

d) Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Bangor (Reino Unido) deberán: • Acreditar nivel de inglés B1 (que pode ser demostrado por medio dun xustificante do grao académico pertinente ou mediante a realización dun test de lingua inglesa nun dos centros homologados polo Goberno Británico) • Tramitar un visado laboral de persoa traballadora cualificada segundo a nova legalidade vixente británica.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230512/AnuncioG0655-020523-0003_gl.pdf