XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Actuacións subvencionables

1. Titulares dos obradoiros artesanais. Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

a) Feiras profesionais de artesanía.

b) Feiras non profesionais.

c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2023/24.

b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un dos tíckets de: 400,00 € e 850,00 €, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro.

A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €.

Quedan excluídas de solicitar por tícket as feiras do período de Nadal 2023/24.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 850,00 € de axuda por feira.

c) Feiras de Nadal 2023/24. Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2023/24 para as que se solicite subvención xa se realizou no momento da presentación da solicitude, deberá achegarse a documentación sinalada no artigo 5 alínea 1 xunto a esta solicitude.

Quedan excluídas as feiras de Nadal 2024/25.

A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €, cun máximo de 1.500,00 € por feira e cun límite de 3 feiras para este período.

O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).

Gastos subvencionables: 

1) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a:

a) Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.

b) Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.

c) O transporte do material expositivo realizado por un transportista profesional.

d) No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.

2) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:

a) A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.

b) A publicidade.

c) As demostracións de oficios artesanais en vivo e obradoiros artesanais divulgativos.

3) Son gastos subvencionables da páxina web:

a) Os gastos de mantemento e actualización de contidos.

b) As ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS). c) A imaxe dixital (fotografía, vídeos, etc…).

As páxinas web deberán ter as seguintes características técnicas:

– Rexistro do dominio por un período dun ano, en que figure como titular a asociación para o que se desenvolve o servizo.

– Proporcionar o aloxamento (hosting) durante un ano, para que a web estea dispoñible durante ese período de tempo.

– O hosting deberá dispoñer de certificado para comunicacións seguras SSL e estar configurado para que empregue o protocolo

– Sen prexuízo das seccións ou puntos anteriores, a web deberá incluír aqueles textos legais necesarios para o cumprimento normativo, así como un sistema de xestión de cookies que permita seleccionar ao usuario as cookies ou grupos de cookies que desexa autorizar a instalar segundo a finalidade destas

.– Web autoxestionable: deberá contar cun panel de xestión dos contidos para que o beneficiario poida cambiar a información do sitio web.

– Web responsive: debe estar adaptada a todos os dispositivos

.– A web deberá ser desenvolvida para a asociación nun xestor de contidos (CMS) ou a medida, de forma que permita o aceso ao código para futuros cambios e melloras da web con independencia da empresa que a desenvolva. A web deberá ser en propiedade e nunca en alugamento. Exclúense desta subvención as solucións cloud propietarias e pechadas.

– A páxina web contará cunha optimización SEO básica que implicará que todas as páxinas leven título, descrición e os elementos fundamentais como un robots.txt axeitado e un sitemap do sitio.

– As imaxes deberán estar optimizadas empregando a resolución óptima para web de 72dpi e procurando que o seu peso sexa o menor posible

.– Deberá ter instalada unha ferramenta de analítica web para o coñecemento do tráfico da páxina por parte do negocio. No caso de páxinas webs con venda en liña, ademais das características técnicas previstas anteriormente, deberán:

– Dispoñer dun sistema de xestión para a venda dos produtos.

– Ter pasarela de pagamento

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240627/AnuncioG0767-180624-0001_gl.pdf