El gobierno refuerza las ayudas para los autónomos y las extiende hasta el 31 de mayo

21. 02. 11

ayudas auton

AXUDAS ESTATAIS A AUTÓNOMOS/AS PARA PALIAR A SITUACIÓN DERIVADA DA CRISE DO CORONAVIRUS

 

Protección ata o 31 de maio.
O Goberno aprobou a extensión dos ERTE e axudas aos autónomos ata o 31 de maio, con algunhas modificacións sobre os requisitos para que os autónomos puidesen acceder, por exemplo a baixada do 75% ao 50% da porcentaxe de caída de ingresos que se esixe para poder acceder á prestación compatible coa actividade.

A protección ante a pandemia do coronavirus para os/as autónomos/as articúlase ao redor do seguintes catro axudas.

  1. Prestación por suspensión de actividade, dirixida para os/as autónomos/as que se visen obrigados a suspender de forma temporal a súa actividade por decisión administrativa. Cobrarán o 50% da base mínima de cotización, sendo aumentada nun 20% se es membro dunha familia numerosa. Ademais exonéraselle de pagar as cotas da Seguridade Social.
  2. Prestación compatible coa actividade cando haxa caída de ingresos. É unha das axudas que modificará os seus requisitos para facela máis accesible, polo que poderán solicitala os/as autónomos/as cuxa facturación no primeiro semestre de 2021 caia un 50% (sobre ao 75% que eran anteriormente) fronte ao segundo trimestre de 2019. Estes autónomos/as cobrarán o importe da súa base de cotización.
  3. Prestación extraordinaria para quen non poden acceder ás dúas axudas anteriores. Quen non cumpran os requisitos para as duas anteriores, poderán solicitar esta axuda extraordinaria, cuxa contía é o 50% da base mínimo de cotización, a condición de que non superen o límite de ingresos no primeiro semestre, cuxo límite está establecido en 1,2 veces o SMI. Ademais Tampouco pagarán a cota de autónomo.
  4. Prestación para autónomos/as de tempada. Os/as autónomos/as cobrarán o 70% da base mínima e para poder acceder a esta prestación non deberán ter ingresos superiores a 6.650 euros no primeiro semestre de 2021.

Por último o Goberno tamén acordou non levar a cabo a subida progresiva dos tipos de continxencias profesionais e de cesamento (do 0,3%), previsto na Real Decreto-lei 28/2018.