RENOVACIÓN DA DEMANDA DE EMPREGO: DESDE O 1 DE XANEIRO É OBRIGATORIO FACELO EN GALICIA. SABES CÓMO?

21. 02. 11

renov deman

RENOVACIÓN DA DEMANDA DE EMPREGO: DESDE O 1 DE XANEIRO É OBRIGATORIO FACELO EN GALICIA. SABES CÓMO?

 

A renovación da túa demanda de emprego é esencial para que dende Emprego Galicia poidan axudarche na túa busca activa de emprego.

Lembra que, con carácter xeral, tes que renovar a túa demanda cada 3 meses. Cada vez que a renoves obterás a data da seguinte renovación. E agora, ademais de poder renovala indo á Oficina de Emprego que che corresponde, podes renovar a túa demanda de emprego a través da Internet.

Para facelo dispós dos seguintes medios:

1.- OFICINA VIRTUAL DE EMPREGO GALICIA

Se és unha persoa inscrita como demandante na comunidade autónoma de Galicia, podes realizar, sen necesidade de acudir á túa oficina de emprego, unha serie de xestións relacionadas coa túa demanda de emprego a través da  Oficina Virtual de Emprego Galicia.

Para acceder á Oficina Virtual de Emprego Galicia tes que ter a túa demanda de emprego en situación de alta (salvo nos casos de reactivación da demanda, como se explica máis adiante) e contar cun usuario e contrasinal:

  • Usuario: Correo electronico ou DNI/NIE precedido dunha letra (exemplo: D00000000X)
  • Contrasinal: será o facilitado pola túa oficina de emprego no momento de inscribir ou clasificar a túa demanda de emprego. Se non o tes ou o esqueciches, podes xerar ou resetear un novo contrasinal a través do correo electrónico asociado á dita demanda.

           Enlace para recuperar o contrasinal aquí

A través da oficina virtual accederás aos seguintes SERVIZOS

2.- A través da aplicación para dispositivos móbiles MOBEM

MOBEM é unha aplicación informática nativa para cada unha das plataformas móbiles máis empregadas na actualidade (Android, iOS, Blackberry OS, Windows Phone), que ten por obxectivo ampliar as formas de acceso aos servizos ofrecidos polo Emprego Galicia aos demandantes de emprego.

MOBEM

3.- Coa utilización do número persoal de identificación (PIN)

A RENOVACIÓN DA DEMANDA DE EMPREGO CON NÚMERO PERSOAL DE IDENTIFICACIÓN (PIN)
Para facilitar o cumprimento deste trámite, e para que non teñas que achegarte a túa oficina de emprego, Emprego Galicia pon en marcha unha nova canle: a renovación da demanda de emprego tamén mediante un número persoal de identificación (habitualmente coñecido como PIN).

  • Envío do número PIN

Este PIN (número persoal de identificación), composto por catro cifras, envíase por correo electrónico a todas aquelas persoas demandantes que teñan rexistrado un na súa demanda de emprego. Lembra que o dito PIN é persoal e intrasferible.

Ademais, se non tes unha conta de correo electrónico asociada á túa demanda, recibirás unha mensaxe SMS no teléfono móbil que teñas asociado á túa demanda de emprego.

Por iso, non esquezas que é moi importante que manteñas actualizados os datos persoais da túa demanda de emprego.

  • Como renovar a demanda de emprego mediante o PIN

Unha vez que teñas o teu PIN poderás renovar a túa demanda de emprego mediante unha chamada ao 012 (981 900 643 se chamas desde fóra de Galicia) ou a través do portal web pulsando no seguinte enlace (dispoñible desde o 1 de xaneiro).aquí

4.- A través dos Puntos de Información que poñemos a túa disposición en Concellos e Oficinas de Emprego:

PUNTOS DE INFORMACIÓN
Os puntos de información son ordenadores con teclado e pantalla que espallados pola maioría dos concellos de Galicia, adaptados ás necesidades funcionais de todas as persoas demandantes, que permiten realizar certas xestións sen necesidade de desprazarse a unha oficina de emprego.

Puntos de información

Para facer uso deles, debes acudir primeiramente á túa oficina de emprego e solicitar a captura das túas pegadas dixitais e así darte de alta para o uso destes puntos de información aquí

NA ESTRADA O PUNTO DE INFORMACIÓN ESTÁ NA OFICINA DE EMPREGO

Unha vez dado/a de alta, dende calquera destes puntos de información poderás renovar a túa demanda de emprego mediante pegada dactilar nas datas indicadas no teu DARDE, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal.

5.- Presencialmente nunha oficina de emprego:

Neste caso deberás solicitar primeiramente cita previa para ser atendido/a. aquí