XA PODES SOLICITAR O BONO TURISMO DA XUNTA DE GALICIA

24. 07. 15

PERSOA BENEFICIARIA

Bonos de 150€: (cofinanciado nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo solicitante)

O día 4 de xullo de 2024 ás 9:00 horas abreuse o prazo para descargar ata dous bonos por persoa beneficiaria. Para beneficiarte do Bono Turismo tes que ser maior de idade e residir en Galicia e para usalo deberás empregar unha aplicación wallet no teu móbil. Unha vez realizado a túa achega de cofinanciamento poderás descargar o teu bono e usalo tantas veces como desexes nos establecementos adheridos e identificados nesta web ata consumir a cantidade do teu bono (150€). Tes ata ao 25 de decembro de 2024 para empregalo.

Como funciona?

Cada persoa beneficiaria poderá descargar ata 2 bonos de 150€ cada un, cofinanciado nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo solicitante, é dicir: 60€ pola Xunta de Galicia e 90€ polo usuario. Cada un dos bonos poderá utilizarse nos distintos establecementos participantes ata esgotar o saldo.

Só hai que seguir estes sinxelos pasos: