COMO AFECTA A ENTRADA EN VIGOR DA REFORMA LABORAL AOS CONTRATOS LABORAIS POR OBRA OU SERVIZO VIXENTES?

22. 03. 31

O Real Decreto-Lei 32/2021 publicado o 30 de decembro de 2021 no BOE establece que o contrato de obra e servizo desaparece como tal. Con todo, as empresas dispuxeron dun prazo de 3 meses para adaptarse ao novo marco de contratación que regula a nova normativa.

O contrato por Obra e Servizo desaparece como tal, pero tal e como se indica na Real Decreto-Lei de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo establécese un réxime transitorio para os contratos de duración determinada antes do 31 de decembro.
 
É dicir, estes contratos realizados antes do 31 de decembro terán unha duración máxima aplicable nos termos recolleitos no contrato. Mentres que os contratos asinados a partir do 31 de decembro de 2021 ata o 30 de marzo de 2022, rexeranse pola normativa legal ou convencional vixente na data na que levaron a cabo e a súa duración non poderá ser superior a seis meses.
 
Desta forma, as empresas que facían este tipo de contratacións como na construción, campañas agrícolas, sector do turismo terán dúas opcións. Ou ben realizan un contrato indefinido ou un contrato fixo descontinuo. Este último non varía moito, salvo que agora ao traballador/a se lle recoñeza e a antigüidade desde que asina o contrato e non soamente os períodos efectivamente traballados.